Réxime e cotización para persoas empregadas do fogar

  • Perfil

  • Hablamos de

Quen están consideradas como persoas empregadas do fogar?

Son aquelas persoas que levan a cabo tarefas domésticas, de coidado ou de atención a persoas ou ben outras funcións como gardaría, xardinaría ou condución de vehículos.

En todos os casos debe existir unha relación laboral especial concertada entre o titular, como
empregador, e o empregado que presta os servizos retribuídos no ámbito do fogar familiar.

O Sistema Especial para Empregados do Fogar

É un Sistema Especial da Seguridade Social, integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social desde o 1 de xaneiro e até o 31 de decembro de 2022*. Desde esa data, o colectivo queda protexido por incapacidade temporal por continxencias profesionais e por incapacidade temporal por continxencias comúns.

*De acordo coa disposición adicional 39 da Lei 27/2011disposición adicional 39 da Lei 27/2011, do 1 de agosto.

Melloras nas condicións de traballo e de Seguridade Social RDL 16/2022

O Real decreto-lei 16/2022, do 6 de setembro, recolle o conxunto de melloras das condicións de traballo e de Seguridade Social das persoas traballadoras do servizo do fogar.
As principais melloras da nova reforma fan referencia á protección por desemprego, ás bonificacións, á acreditación de competencias e á identificación de enfermidades profesionais.

Como se pode cotizar á Seguridade Social?

A prestación de empregados do fogar cóbrese coas cotizacións á Seguridade Social. Se prestas os teus servizos durante menos de 60 horas ao mes para o mesmo empregador, podes acordar que asumirás a obriga de cotizares. Nestes casos, deberás ingresar a túa cota e a correspondente ao empregador.

Tipos de cotización

  • Continxencias comúns: 28,30 %; o 23,60 % correspondelle ao empregador e o 4,70 % ao empregado.
  • Continxencias profesionais: 1,50 % a cargo do empregador.
  • Desemprego: 5 % a cargo do empregador.
  • Fondo de Garantía Salarial (FOGASA): 0,2 % a cargo do empregador.

Taboa de bases de cotización para empregados do fogar 2023

As bases de cotización dos traballadores do fogar en 2023 serán as seguintes:

Tramo

Retribución mensual
euros/mes

Base de cotización
euros/mes

1.º Hasta 291,00 270,00
2.º Desde 291,01 hasta 451,00 386,00
3.º Desde 451,01 hasta 613,00 532,00
4.º Desde 613,01 hasta 775,00 694,00
5.º Desde 775,01 hasta 939,00 858,00
6.º Desde 939,01 hasta 1.098,00 1018,00
7.º Desde 1.098,01 hasta 1.260,00 1.260,00
8.º A partir de 1.260,01 Retribución mensual

Que prestacións económicas cubrimos?

  • Accidente de traballo e enfermidade profesional: Desde o día seguinte ao da baixa, aboamos directamente o 75 % da base reguladora.
  • Baixa por enfermidade común ou accidente non laboral:O noso persoal sanitario realiza o seguimento da baixa do Servizo Público de Saúde. Os tres primeiros días non hai dereito á prestación. Do 4.º ao 8.º día, o empregador aboará o 60 % da base reguladora. Entre o 9.º e o 20.º día, aboarémosche o 60 % da base reguladora e o 75 % a partir do día 21.
  • Risco durante o embarazo: Se o teu posto de traballo supón un risco para a túa saúde ou para a do feto e non podes continuar desenvolvendo o teu labor, aboarémosche directamente o 100 % da base reguladora.
  • Risco durante a lactación natural: Se durante o período de lactación o teu traballo pode afectarlle á túa saúde ou á do lactante, aboarémosche directamente o 100 % da base reguladora.
  • Coidado do menor: Se reduces a túa xornada laboral para coidar dos teus fillos ou dos menores ao teu cargo durante o tempo de hospitalización e de tratamento continuado dunha enfermidade grave e de longa duración, aboaremos o 100 % da base reguladora en proporción á redución da xornada de traballo.
  • Incapacidades: Se tes secuelas tras un accidente de traballo ou enfermidade profesional, aboaremos as indemnizacións e pensións que recoñeza o Instituto Nacional da Seguridade Social.
    • Lesións permanentes non invalidantes
    • Incapacidade permanente parcial, total ou absoluta
    • Grande invalidez

Que documentación preciso para solicitar as prestacións?

Queres aforrar tempo? Tramita a túa solicitude en Asepeyo Oficina Virtual seguindo uns sinxelos pasos.

Tamén podes presentala no teu centro asistencial:

Como me dou de alta na Seguridade Social?

O empregador ten a obriga de darte de alta na Seguridade Social. Porén, se prestas os teus servizos menos de 60 horas ao mes para o mesmo empregador, deberás encargarte directamente da túa afiliación, alta, baixa e variación de datos cuando así o acordes con el.

Inscríbete connosco na páxina web da Seguridade Social
Selecciona Asepeyo como entidade aseguradora se queres asociarte con nós.

Xa estás con nós?
Rexístrate en Asepeyo Oficina Virtual

En que podemos axudarche?

  • Contamos con 174 delegacións propias, máis de 1500 puntos asistenciais e 3 hospitais, en Barcelona, Madrid e Sevilla, con servizo de teletradución simultánea. Coñece o noso modelo asistencial modelo asistencial.
  • Facemos os teu trámites máis doados con
    Asepeyo Oficina Virtual e a <aplicación mi Asepeyo.
  • Garantimos a túa asistencia sanitaria e o seguimento do teu proceso médico até a túa reincorporación laboral. En caso de accidente, chámanos ao 900 151 000 e indicarémosche onde está o centro máis próximo.

Asociarte con nós non supón ningún custo. Selecciona Asepeyo como entidade aseguradora ao realizares a alta na Seguridade Social.

Última actualización 10 Maio 2023

¿Te ha parecido útil este artículo?

Sentimos que este contenido no te haya sido útil

Este formulario de comentarios es anónimo y no se proporcionará ninguna respuesta. Si su problema requiere una respuesta, utilice el enlace 'contactar con nosotros' a continuación.

Nos gustaría que nos ayudaras a mejorarlo. Indícanos cómo:

Contenido relacionado:

No results found.

Indice