O sistema da Seguridade Social recoñece unhas prestacións para aqueles supostos nos que o falecemento produce un desequilibrio económico na unidade familiar.
O recoñecemento do dereito e do pagamento das prestacións económicas por morte e supervivencia correspóndelle a Asepeyo, sempre que deriven da continxencia de accidente de traballo (artigos 30 e 31 da Orde do 13 de febreiro de 1967).
Casos nos que se recoñecen algunhas das seguintes prestacións
a) Auxilio por defunción
Aboamos o auxilio por defunción para facer fronte aos gastos do enterramento a quen se fixese cargo deles (excepto no caso de traballadores desaparecidos).
Trátase dunha cantidade fixa de 46,53 euros. Unha vez transcorrido un ano desde o día en que se notificou en forma ao beneficiario (artigo 54.1 do texto refundido da LXSS), caducará o dereito a percibilo.
En caso de morte por accidente de traballo ou enfermidade profesional, o cónxuxe supervivente, o supervivente dunha parella de feito nos termos regulados no artigo 221 e as persoas orfas teñen dereito a unha indemnización a tanto alzado, calculada de acordo coa base reguladora. En función do parentesco, serán un número ou outro de mensualidades.
b) Pensión vitalicia de viuvez
O importe da pensión é do 52 % da base reguladora (con carácter xeral), agás cando a pensión é a única ou a principal fonte de ingresos do pensionista.
c) Prestación temporal de viuvez
Tense dereito a percibir unha pensión de viuvez temporal de dous anos.
Esta prestación outórgase cando o cónxuxe ou a parella de feito supervivente non pode acceder á pensión de viuvez porque non pode acreditar o seguinte:
- O seu matrimonio coa persoa causante tivo unha duración dun ano.
- Inexistencia de fillos en común.
- O seu rexistro como parella de feito produciuse polo menos dous anos antes da data do falecemento do causante, pero concorren o resto dos requisitos enumerados no artigo 219 da LXSS.
d) Pensión de orfandade
A pensión recoñecida é do 20 %.
e)Pensión vitalicia ou, no seu caso, subsidio temporal en favor de familiares.
A pensión vitalicia en favor de familiares vai destinada a aqueles outros familiares ou asimilados que reúnan as condicións que se establezan para cada un deles e que demostren previamente que dependen economicamente do causante. Teñen dereito a unha pensión ou subsidio da contía que se fixe respectivamente.
No caso do subsidio temporal, os beneficiarios son os fillos maiores de 25 anos ou os irmáns maiores de 22 anos que reúnan unha serie de requisitos. A contía do subsidio temporal é do 20 % da base reguladora e pode prolongarse durante un período máximo de 12 meses.