Somos a túa mutua porque
Marcamos a diferenza
Valoramos o teu traballo
Axudámoste, sempre
¿Que che ofrecemos?
Se estás de baixa médica por enfermidade común ou accidente non laboral, poñemos á túa disposición un equipo administrativo especializado en tramitar o cobro dos días de baixa:
- O 60% da base reguladora, do 4º ao 20º día de baixa
- O 75% da base reguladora, a partir do 21º día de baixa
Ofrecémosche, tamén, un seguimento por parte dos máis de 1.500 profesionais sanitarios da Mutua, de recoñecido prestixio e co mellor equipamento ambulatorio, hospitalario, terapéutico e de diagnóstico.
Se sofres un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, axudámoste en todo o que precises.
En caso de baixa médica, cobrarás a prestación económica a partir do día seguinte á baixa, e será do 75% da base reguladora.
Ofrecémosche a mellor asistencia sanitaria ata a túa recuperación, incluíndo todo o que sexa preciso: visitas ao especialista, intervencións cirúrxicas, hospitalización e medicación.
Se se producen secuelas irreversibles que provoquen limitacións, tramitaremos as indemnizacións ou pensións necesarias ante a Dirección Provincial do Instituto Nacional de Seguridade Social ou o Instituto Social da Mariña.
Se cesaches totalmente na túa actividade, correspóndeche o 70% do promedio das bases reguladoras dos 12 meses anteriores de cotización.
Se a túa actividade pode prexudicar a boa evolución da xestación, podes optar a esta prestación. O subsidio é do 100% da base reguladora desde o recoñecemento da prestación.
Se precisas reducir a túa xornada, máis do 50%, para coidar dun menor ao teu cargo con cancro ou enfermidade grave, solicita esta prestación que cubre o 100% da base reguladora correspondente á parte da xornada reducida.
Calcula a túa cota
Coñece canto tes que pagar cada mes á Seguridade Social e a prestación que recibirás, en caso de baixa médica ou cesamento de actividade
¡Calcúlaa agora!
Axudas económicas específicas
¿Queres darte de alta con nós?
Se queres estar con nós, déixanos os teus datos. En menos de 48 horas, porémonos en contacto contigo: