¿Que son as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social?
As mutuas colaboradoras coa Seguridade Social son asociacións privadas de empresarios sen ánimo de lucro, autorizadas polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Teñen como finalidade colaborar na xestión das continxencias de accidente de traballo e enfermidade profesional do persoal ao seu servizo.
¿Cal é o ámbito de actuación destas mutuas?
As mutuas colaboradoras coa Seguridade Social adquiren personalidade xurídica unha vez constituídas e, polo tanto, teñen capacidade para o cumprimento dos seus fins.
O empresario elixe, libremente, asociarse á mutua que mellor se adapte ás súas necesidades e ás dos traballadores do seu cadro de persoal, tanto por razóns de calidade no servizo como de proximidade.
As actividades das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social céntranse en:
- A xestión das prestacións económicas e da asistencia sanitaria, incluída a rehabilitación, comprendidas na protección das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social. Tamén se ocupan das actividades de prevención destas mesmas continxencias.
- A xestión da prestación económica de incapacidade temporal derivada de enfermidade común e accidente non laboral
- A xestión das prestacións por risco durante a gravidez e risco durante a lactación natural
- A xestión das prestacións económicas por cesamento na actividade dos traballadores autónomos
- A xestión da prestación do coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave
- Asdemais actividades da Seguridade Social que lles sexan atribuídas legalmente
¿Como se constitúen estas mutuas?
En España existen un total de 20 mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, repartidas por todo o territorio nacional. Todas elas están asociadas a AMAT, Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
Este organismo, fundado no ano 1986, leva a cabo “a coordinación, representación, orientación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns das mutuas”. As súas actividades principais son a súa representación institucional e a organización de actividades de carácter xeral, entre as que cabe subliñar as relacionadas coa promoción da prevención de riscos laborais.
Actividades das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social
Xestión empresarial e transformación dixital
Prevención de riscos laborais
Acción social
Se queres saber máis sobre nós, visita a secció “Coñécenos”.