Indica a situación na que te atopas:
- Descarga o documento TA.6 de inscrición no Sistema de Seguridade Social.
- Indica ‘151’ no campo ‘Número’ e ‘Asepeyo en ‘Denominación’ do apartado 7.1 Entidade de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.
- Se queres, tamén, que desde Asepeyo cubramos as túas
prestacións de continxencias comúns, marca cun X o apartado 7.2
Mutua.
Para axilizarche este proceso, ofrecémosche o formulario con estes dous campos cubertos.
- Entrega este formulario, xunto co resto de documentación precisa, na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Debes solicitar a baixa á túa mutua actual, polo menos cun mes de antelación á data de vencemento do teu documento de asociación. Emprega o noso modelo de solicitude de baixa.
- A mutua actual debe emitir o certificado de cesamento e facercho chegar.
- Se a empresa ten comité de empresa ou delegados de persoal, deben dar a súa opinión cubrindo o informe de cambio de mutua.
- Se a empresa non conta cun comité de empresa nin delegados de persoal, debe cubrir o informe de cambio de mutua sen representación sindical.
- Entrega esta documentación na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, cunha antelación mínima de 10 días á data de vencemento, xunto co certificado de baixa. Unha vez realizado este trámite, o cambio será vixente a partir do día seguinte á data de baixa que figure no certificado.
- Ponte en contacto con nós para obter o documento de asociación. Podes facelo vía email en asepeyo@asepeyo.es ou telefónica no 910 504 390
- Presenta o documento de asociación asinado na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Presenta na Tesouraría Xeral da Seguridade Social o documento TA-7 de
solicitude de alta, baixa e variación de datos de conta de
cotización, xunto co resto da documentación de continuación de
actividades. Debes ter en conta que a empresa, ao quedar sen
traballadores máis de 5 días e retomar a súa actividade, pode
seguir coa mesma mutua ou optar por outra distinta, sen esperar ao
vencemento do documento de asociación coa anterior.
Para axilizarche este proceso, ofrecémosche o formulario con estes dous campos cubertos.
Para máis información, ponte en contacto co Servizo de Atención ao Usuario
910 504 390
Indica a situación na que te atopas:
¿Estás a darte de alta ou estás a retomar a actividade?
- Busca o documento TA.0521* de solicitude de alta, baixa,
variación de datos no Réxime Especial de Autónomos.
*este documento está pendente de actualización por parte do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
- No apartado 4.2, indica ‘151’ no campo ‘Mutua Nº’, e ‘Asepeyo’ no campo ‘Nome.’
- Entrega esta documentación na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
¿Estás con outra mutua?
- Solicita a baixa á túa actual mutua antes do 30 de setembro. Para iso, presenta cuberta a denuncia do documento de adhesión. Deberás entregala por duplicado e a mutua actual devolverache un dos dous orixinais selado coa data de presentación.
- Entrega a solicitude de baixa co rexistro de entrada da mutua cesante na Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Tes de prazo ata o 30 de setembro.
- A adhesión con nós iniciarase o día 1 de xaneiro. En canto teñamos a notificación, farémosche chegar o documento de adhesión para que nolo devolvas asinado.
Para máis información, ponte en contacto co Servizo de Atención ao Usuario
910 504 390
¿Queres colaborar con nós?
- Cubre a seguinte documentación e envíaa escaneada ao email
colaboradores@asepeyo.es:
- Solicitude de acordo de colaboración.
- Alta en Facenda (modelo 036 ou similar) ou IAE.
- Autorización da Tesouraría Xeral para transmitir polo sistema RED.
- Farémosche chegar o acordo de colaboración por duplicado.
- Deberás devolvernos asinado un dos exemplares.
Para máis información, ponte en contacto co Servizo de Atención ao Asesor Laboral
900 151 005