É a situación que se dá cando o traballador non pode traballar temporalmente, por enfermidade ou accidente non laboral, e recibe asistencia sanitaria do Sistema Público de Saúde. Polo tanto, a baixa e a alta médicas determínanas os médicos da Seguridade Social.
Que se considera accidente non laboral? E enfermidade común?
O accidente non laboral é aquel que non ten carácter de accidente de traballo* e a enfermidade común* é a alteración da saúde que non garda relación co desempeño da actividade laboral.
*Artigos 156 e 157 da Lei xeral da Seguridade Social
Cal será a contía da prestación?
Enfermidade común e accidente non laboral
- Do 4º día da baixa ao 20º incluído: 60 % da base reguladora.
- Do día 21º en adiante: 75 % da base reguladora.
Enfermidade profesional ou accidente de traballo
- Desde o día seguinte ao da baixa: 75 % da base reguladora.
Se es traballador do Réxime Xeral (por conta allea)
- Entre o 4º e o 15º día da túa baixa médica A empresa aboarache a prestación económica.
- A partir do 16º día da baixa
A prestación correrá da conta de Asepeyo. O pagamento farao a empresa, que despois o descontará das liquidacións mensuais:- Do día 16º ao 20º aboaremos o 60 % da base reguladora (base de cotización por continxencias comúns do mes anterior á data da baixa médica).
- Do día 21º en adiante ingresaremos o 75 % da base reguladora.
Se se extingue o contrato de traballo durante a túa baixa médica, aboaremos directamente a prestación económica, aínda que na contía do desemprego e consumindo o tempo da prestación. Nese pagamento descontarase a retención do IRPF.
Se es traballador do Réxime Especial (traballadores autónomos e agrarios por conta propia)
- Do 4º día ata o 20º da baixa médica, aboámosche o 60 % da base reguladora pola que cotices.
- A partir do 21º día, o 75 %.
Como te axudamos?
Encargámonos do seguimento da túa baixa e das probas médicas
Colaboramos cos servizos públicos de saúde para xestionar o proceso de incapacidade temporal.
Axudámosche a xestionar os seguintes tipos de baixas:
- Sen diagnóstico definido
- En proceso de rehabilitación
- De duración media superior á tipificada
- Con diagnósticos relacionados con procesos traumatolóxicos
- Reiteradas de curta duración
- Baixas que requiran consultas con unidades de inspección, con médicos de cabeceira ou co Instituto Nacional da Seguridade Social
Tamén che axudamos cos seguintes procesos:
- Prórroga de incapacidade temporal ou susceptible de invalidez permanente
- Procesos nos que sexa posible adiantar unha proba de confirmación debido ás listas de espera dos servizos públicos de saúde, para o cal se requirirá o consentimento do traballador e do Servizo Público de Saúde
- Procesos que derivan nunha proposta de incapacidade