A prestación económica por incapacidade temporal cobre a falta de salario dun traballador que está imposibilitado temporalmente para traballar por mor dunha enfermidade ou dun accidente.
Durante esta situación temporal, suspéndese o contrato de traballo, polo que o traballador non ten a obriga de traballar nin de recibir un salario, e a empresa debe seguir cotizando.
A empresa realizará o pagamento da prestación en réxime de pagamento delegado, que recuperará despois cando a mutua o desconte do importe das cotas de cotización de todos os seus traballadores.
Que é un accidente de traballo?
Enténdese por accidente de traballo ou accidente laboral toda lesión corporal que sufra unha persoa traballadora con ocasión ou como consecuencia do traballo que realice por conta allea.
Que é unha enfermidade profesional?
Una enfermidade profesional é unha patoloxía médica ou traumática ou un dano que se contraen como consecuencia do traballo realizado, por conta allea ou por conta propia, dentro das actividades que se recollen no cadro de enfermidades profesionais.
Quen pode ser beneficiario?
Os traballadores afiliados e dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social. En caso de accidente ou enfermidade profesional, non se esixe período previo de cotización.
Garantimos a túa tranquilidade. Encargámonos dos gastos de todos os servizos sanitarios e farmacéuticos que precises durante o teu proceso de recuperación, con medios propios ou con concertados autorizados (hospitalización, cirurxía ou rehabilitación). A empresa e o traballador non deben aboar custos adicionais.
O servizo médico tamén pode determinar o aboamento dos gastos de transporte e de aloxamento necesarios para o teu tratamento segundo a gravidade da lesión.
Cal será a contía da prestación?
O traballador accidentado recibirá, desde o día seguinte ao da baixa, o 75 % da súa base diaria de cotización. Os traballadores autónomos en situación de incapacidade temporal recibirán a mesma cantidade.
A duración máxima desta prestación é de 12 meses. Prorrogarase outros 6 meses se se considera que nese momento se poderá dar de alta o traballador por curación. Unha vez pasados os 18 meses, examinarase o estado da persoa incapacitada, nun prazo máximo de 3 meses, para cualificala como incapacitada permanente.
Como te axudamos?
Durante a baixa médica
Encargámonos dos gastos de todos os servizos sanitarios e farmacéuticos que precises durante o teu proceso de recuperación, con medios propios ou con concertados autorizados (hospitalización, cirurxía ou rehabilitación). A empresa e o traballador non deben aboar custos adicionais.
O servizo médico tamén pode determinar o aboamento dos gastos de transporte e de aloxamento necesarios para o teu tratamento segundo a gravidade da lesión.
Se precisas máis información, consulta as seguintes preguntas frecuentes:
Como actuar en caso de accidente
Tramita o parte do accidente
Despois da baixa médica (con resolución previa do INSS)
Unha vez rematado o teu proceso de recuperación, se quedaron secuelas permanentes tras un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, aboamos as indemnizacións e pensións que recoñeza o Instituto Nacional da Seguridade Social.
Lesións permanentes non invalidantes
Cando o traballador presente lesións que, sen que constitúan incapacidade permanente, representen unha diminución da integridade, recoñéceselle un pagamento único recollido no baremo legal vixente.
Incapacidade permanente parcial
Cando o traballador presente secuelas que ocasionen unha diminución no rendemento normal para a súa profesión habitual de máis do 33 % (o 50 % para os autónomos), recoñéceselle unha indemnización dun único pagamento equivalente a 24 mensualidades da base reguladora.
Incapacidade permanente total
Cando o traballador quede imposibilitado para exercer a súa profesión habitual pero poida dedicarse a outra, recoñéceselle unha pensión vitalicia do 55 % da base reguladora anual ou do 75 % no caso dos maiores de 55 anos desocupados.
Incapacidade permanente absoluta
Cando non exista a posibilidade de traballar en ningunha ocupación remunerada, a pensión recoñecida é do 100 % da base reguladora.
Grande invalidez
O traballador ten dereito a unha pensión vitalicia, conforme ao grao que lle corresponda, incrementada cun complemento destinado a que o afectado poida remunerar á persoa que o atende nos actos esenciais da súa vida. O importe do incremento, neste caso, é a suma do 45 % da base mínima de cotización vixente no momento do accidente e do 30 % da última base de cotización por continxencia profesional do traballador.