Que son as prestacións complementarias?

  • Perfil

  • Hablamos de

As prestacións complementarias son axudas económicas que recoñece a Comisión de Prestacións Especiais de Asepeyo. A súa finalidade e cubrir situacións ou estados de especial necesidade dos traballadores, ou das persoas que reciben o dereito, como consecuencia dun accidente de traballo ou unha enfermidade profesional.

Estas prestacións son independentes das que se inclúen no sistema da Seguridade Social e fináncianse con cargo ás reservas de asistencia social da mutua.

Quen pode solicitalas?

  • Traballadores que sufrisen un accidente laboral ou unha enfermidade profesional.
  • Persoas que reciben o dereito do traballador de até segundo grao e que cumpran os requisitos necesarios.

Que axudas podes solicitar?

Ampliación, con máis prestacións, da túa rehabilitación e recuperación:

  • Ingreso nun centro sociosanitario ou residencial
  • Gastos vinculados ao ingreso dun traballador nun centro hospitalario
  • Próteses e axudas técnicas non incluídas na Seguridade Social
  • Tratamentos médicos ou terapias non incluídos na Seguridade Social

Reorientación profesional e adaptación do posto de traballo:

  • Cursos para a formación profesional e inserción laboral
  • Adaptación do local onde o traballador autónomo desenvolve a súa actividade

Axudas para a adaptación dos medios esenciais para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria:

  • Eliminación de barreiras na vivenda habitual
  • Adquisición de vivenda habitual adaptada
  • Adaptación do vehículo
  • Apoio domiciliario para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria
  • Acceso ás novas tecnoloxías da información e da comunicación

Outras prestacións:

  • Complemento ao auxilio por defunción
  • Formación no coidado de persoas en situación de grande invalidez
  • Mantemento da posesión ou do beneficio da vivenda habitual

Cales son os requisitos para solicitalas?

  • Poderanse conceder distintas axudas complementarias, ou incluso a mesma axuda máis dunha vez, no caso de que se produza unha nova situación de necesidade, sempre que non quedase cuberta e que as axudas estean recollidas.
  • Deberán achegarse as facturas ou os documentos que xustifiquen os gastos realizados.

Solicita a túa axuda social

Se cumpres os requisitos, podes requirir a prestación complementaria. A Comisión de Prestacións Especiais de Asepeyo analiza todas as solicitudes e emite as resolucións pertinentes.

Solicita a túa axuda – Formulario dispoñíbel proximamente-

Lembra que podes pedir máis dunha axuda social.

 

Última actualización 25 Abril 2023

¿Te ha parecido útil este artículo?

Sentimos que este contenido no te haya sido útil

Este formulario de comentarios es anónimo y no se proporcionará ninguna respuesta. Si su problema requiere una respuesta, utilice el enlace 'contactar con nosotros' a continuación.

Nos gustaría que nos ayudaras a mejorarlo. Indícanos cómo: