Profesionais e recursos técnicos
En Asepeyo estamos comprometidos coa prevención. Queremos que as nosas empresas mutualistas reduzan a sinistralidade laboral e, para iso, fomentamos unha cultura preventiva.
Aválannos 45 anos de coñecementos e experiencia, os mellores consultores de prevención e recursos técnicos altamente especializados.
As nosas actuacións baséanse no rigor e no absoluto cumprimento da normativa. Ao longo da nosa traxectoria destacamos por seguir as directrices que establece anualmente o Plan Xeral de Actividades Preventivas.
Estas actividades son prestacións a favor dos empresarios e dos seus traballadores, que non xeran dereitos subxectivos, dirixidas a asistir aos mesmos no control e, no seu caso, redución dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais. Corresponde á Secretaría de Estado da Seguridade Social establecer a planificación periódica das actividades, os seus criterios, contido e orde de preferencia.
É por isto, que a nosa actividade en materia preventiva, descrita no seguinte apartado, adaptarase en todo momento ao establecido no Plan Xeral de Actividades Preventivas.
Nova plataforma e-learning de prevención
Explicámosche como sensibilizar en prevención e promocionar a saúde mental e física, cun acceso seguro, sinxelo e personalizado a través de Asepeyo Oficina Virtual.
Contamos cunha oferta de contidos en temas como igualdade, acoso, saúde mental, seguridade viaria, e actividades empresariais e riscos específicos.
Accede ao catálogo e-learning do Portal de prevención de Asepeyo e descúbreos.
Para máis información:
Melloramos a prevención de maneira diferente
Buscamos o xeito de ofrecerche un servizo diferente, poñendo á túa disposición a máis de 80 profesionais que resolverán todas as túas dúbidas. A última tecnoloxía á túa disposición.
Tecnoloxía aplicada á prevención
Empregamos a última tecnoloxía aplicada á prevención, como a realidade virtual para evitar as caídas de altura, o uso de drons para reducir a sinistralidade laboral, simuladores de condución para previr accidentes ou proxectos de reprodución de ambientes acústicos que permiten avaliar o ruído en ambientes de traballo.
Ademais, como sabemos o importante que é a prevención, premiamos e difundimos as mellores prácticas preventivas co obxectivo de compartir experiencias para mellorar a seguridade laboral das empresas.
Premios Asepeyo
Preséntate aos Premios Asepeyo ás mellores prácticas preventivas
Información e sensibilización
As accións que te propoñemos son moi prácticas e adaptables a todas as situacións: presencial, semipresencial e on line. Empregamos para a versión on line unha plataforma especializada de e-learning.
Calendario de accións de información e sensibilización para o ano en curso.
Campañas de concienciación
Nova campaña: A prevención dos riscos psicosociais, unha oportunidade para unha empresa con futuro
Os riscos psicosociais e o estrés laboral atópanse entre os problemas que máis dificultades presentan no ámbito da seguridade e da saúde no traballo. Os problemas psicosociais supoñen un custo elevado para as empresas e a sociedade da Unión Europea, e o estrés é o segundo problema de saúde laboral máis frecuente en España.
Coñece outras campañas que deseñamos de acordo co establecido no Plan Xeral de Actividades Preventivas da Seguridade Social elaborado polo Ministerio de Emprego, Migracións e Seguridade Social.
Sistema de incentivos para a prevención “Bonus”
El sistema de incentivos para la prevención bonus permite reducir las cotizaciones por contingencias profesionales a las empresas hayan disminuido de manera considerable la siniestralidad laboral y hayan realizado actuaciones efectivas en la prevención de los accidentes de trabajo y enfermedades profesionales.
Pódese solicitar cada ano, se se cumpren uns requirimentos de cotización, se se manteñen uns niveis de sinistralidade por debaixo dos límites establecidos, e se se levan a cabo certas actuacións preventivas básicas, podéndose incrementar a contía deste incentivo se se acometeron investimentos en prevención no ano anterior ao da presentación da solicitude, denominado “período de observación”.
Os nosos consultores de prevención asesorarante nas xestións necesarias para a solicitude do incentivo Bonus, que che axudará a seguir investindo en prevención.
Portal de prevención
Se queres saber máis dos servizos que ofrecemos en prevención de riscos laborais, entra no noso portal especializado. Alí atoparás, entre outros, máis información sobre consultoría e asistencia técnica, formación, estudos e proxectos, campañas, talleres de sensibilización, documentación técnica e aplicacións.